OS HOMES, por Castelao, na colección de Roberto Taboada
40 40a xente viu este evento.
A exposición está conformada polas pranchas de cinc coas que se imprimiron os “monos” de Castelao no xornal Galicia, editado na cidade de Vigo ao longo de 1925, que darían pe á publicación de 50 homes por dez reás, acompañadas tamén polas viñetas orixinais dese xornal, así como unha pequena mostra de distintas edicións da citada publicación.
Acto de apertura o venres 17 de xaneiro ás 20:30 H, coas intervencións de Roberto Taboada (coleccionista), Pastor Rodríguez Santamaría (Director do Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital) e Julián Bustelo (alcalde de Rianxo).
Horario de visitas: Mañás de Luns a Venres de 10:30 a 14:45. Tardes de xoves, venres e sábados de 18:00 a 20:00 horas.