A celebración do Ano Castelao 2025 está concibida como unha proposta aberta á participación de entidades de todos os ámbitos. A participación no Ano Castelao permite a inclusión das súas actividades conmemorativas na programación conxunta que pode consultar nas Actividades do noso web.
Se a súa entidade desexa publicar as súas actividades no noso web, pode contactar connosco para realizar a petición. De ser aprobada, recibirá un usuario e contrasinal para que poida actualizar e publicar cando consideren preciso.
