ACTOS CASTELAO 2025

ACTOS CASTELAO 2025

ACTOS CASTELAO 2025

36 36a xente viu este evento.

O programa ACTOS CASTELAO vense tradicionalmente celebrando en Rianxo desde o ano 1990 na derradeira quincena do mes de xaneiro (arredor da data do seu nacemento) e adoita incluir unha variada proposta de actos (presentacións de libros, exposicións, intervencións artísticas, música, teatro, …) para, homenaxeando ao ilustre rianxeiro, poñer en valor a creación e investigación da súa vida e obra, así como doutros eventos e propostas da cultura galega.

A edición deste ano 2025 arrancou xa no pasado mes de decembro, o venres día 13, cunha mesa redonda e a apertura da exposición fotográfica Castelao. Retorno a Galicia 1984. A presenza de Rianxo. Xan Carballa, fotografías que se puido visitar no Auditorio de Rianxo ata o pasado día 11 de xaneiro.

Actividades incluídas no programa:

Venres 17 – Apertura da exposición OS HOMES, por Castelao, na colección Roberto Taboada (que se pode visitar no Auditorio de Rianxo ata o 8 de febreiro)

Sábado 18 – MÚSICA: Merendola Desconcertante, por deBiselas Cuarteto

Venres 24 – LIBROS: Presentación de Luís Seoane-Isaac Díaz Pardo. Cartas (1956-1979) a cargo de Xosé Luís Axeitos, Valentín García, Xosé Díaz e Julián Bustelo

Sábado 25 – TEATRO: Dúo Vaguedades, por Artefeito producións

Venres 31 – LIBROS: Presentación de Os mortos que amei, de Iria Collazo. Coa participación de Antón Riveiro Coello, María Xesús Blanco e Marcos Calveiro. Intervención artística a cargo do escultor Camilo Seira. Introdución e peche musical a cargo da Escola de Música de Rianxo

Sábado 1 de Febreiro – ACTO INSTITUCIONAL no Busto de Castelao do Paseo da Ribeira coa tradicional Ofrenda Floral e intervención de autoridades.

 

Data e hora

13-12-2024 @ 20:30 a
08-02-2025
 

Localidade

Compartir