Proxecto musical “Percorrendo Castelao”
“PERCORRENDO CASTELAO” é un proxecto musical que desenrrolamos dende LUCUS ENSEMBLE, co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. Trátase dun percorrido musical que sigue o itinerario vital do noso grande persoeiro, que se inicia e remata en Galicia, e nos leva á Bretaña francesa, Barcelona, New York ou Montevideo entre outros lugares, baseándonos en destacados fitos da vida de Castelao. A música está complementada por narracións da súa biográfica e proxeccións que completan a escenografía do espectáculo.
Este ciclo de concertos está patrocinado pola Área de Cultura da Deputación Provincial, como parte das actividades programadas por esta institución co gallo do 75 aniversario do pasamento de Castelao, efemérides que se está a celebrar en toda Galicia neste “ANO CASTELAO”.
O ciclo iniciouse no Museo Provincial de Lugo o pasado 29 de marzo cun cheo absoluto. Os concertos restantes, todos gratuitos até completar aforo, terán lugar en:
26 de abril no Centro Sociocultural de Barreiros, as 19:00h
27 de abril na Casa da Cultura de Meira, as 19:30h
31 de maio en Meira (lugar e hora por definir)
LUCUS ENSEMBLE nace en Lugo no ano 2014. Despois de coincidir en diversos concertos benéficos, un grupo de músicos con ampla experiencia interpretativa no ámbito da música clásica e do jazz, decidimos crear unha formación estable na capital lucense para o desenvolvemento de proxectos musicais adaptados para un grupo de vento, corda, percusión e voz.
Dende entón, levamos interpretado incontables concertos de moi diversa temática por toda a xeografía galega, ata convertirnos no referente da música de cámara da nosa provincia.
A principal característica identificativa do noso grupo ven determinada porque todos os repertorios interpretados nos anos transcurridos dende a súa creación foron arranxados por músicos do ensemble para o ensemble, o cal nos aporta unha sonoridade totalmente persoal e inconfundible.
Contamos cun plantel fixo de trece músicos.
O esquema do concerto é o seguinte:
- INTERVENCIÓN 1.- Primeiros anos. Medalla ouro 1909 por “Festa na Aldea” -> “Festa na Tolda” Gustavo Freire
- INTERVENCIÓN 2.- Viaxe pola Bretaña (“Cruces de pedra”) -> Rapsodie Bretonne C. Saint-Saens.
- INTERVENCIÓN 3.- Estatuto de Galiza. Presentación en 1936 en Madrid. -> Fandango de “Doña Francisquita”, de Amadeo Vives.
- INTERVENCIÓN 4.- Estadía en Valencia e Barcelona; 1937, publicación álbumes de guerra. -> “As Froliñas dos toxos”: Música de Toldrá (Vilanova i la Geltrú) e letra de Antonio Noriega Varela.
- INTERVENCIÓN 5.- Nova York / La Habana. Debuxos de Negros -> “Obertura Cubana”, de G. Gershwin.
- INTERVENCIÓN 6.- 1940: Buenos Aires: “Sempre en Galiza”; “Os vellos non deben namorarse”. 1944: presidente do Consello de Galiza (Montevideo). – “El baile de los Morenos” candombe popular uruguaio.
- INTERVENCIÓN 7.- Paris (1946-1947). Ministro sen carteira do goberno republicano no exilio en París. “Chanson Espagnole”, de Ravel, con texto de Rosalía de Castro.
- INTERVENCIÓN 8.- 1947: retorno a Buenos Aires. “As cruces de pedra na Galiza”. Falecemento 7/1/1950.Enterro en Bos Aires. Traslado a Galicia en 1984. -> “Muiñeira de Pontesampaio”.