Os homes, por Castelao na colección Roberto Taboada
51 51 people viewed this event.
Mostra que amosa as obras de Castelao da colección de Roberto Taboada, dando visibilidade aos traballos do rianxeiro publicados no xornal vigués Galicia durante o ano 1925, logo utilizados na publicación Cincoenta homes por dez reás (1930).
Con esta exposición, o Museo Provincial de Lugo culmina o seu programa anual “75 cabodano de Castelao”, que desenvolveu durante 2025 cos seguintes obxectivos:
- Abordar, desde diferentes perspectivas, a obra e legado de Castelao.
- Visualizar estratexias de difusión e divulgación científica para un correcto coñecemento da obra de Castelao.
- Relacionar a transferencia do coñecemento coas sinerxías de valor social, a nivel local e xeral, desde formulacións interdisciplinares e transversais.
- Contribuír ao estudo e difusión da obra de Castelao para xerar novos contidos e transferilos á sociedade.
- Fomentar as relacións institucionais con outras entidades e persoas que custodian obra de Castelao, promovendo conexións de colaboración e aprendizaxe.