Conferencia Castelao e Florencio, unha conversa no tren do desterro
A Fundación Florencio Delgado Gurriarán celebra os días 4 e 5 de outubro as Xornadas Castelao e Valdeorras, entre Monforte de Lemos e O Barco de Valdeorras.
O sábado 4 de outubro terá lugar a xornada “Castelao e Florencio, unha conversa no tren do desterro”. Unha conferencia en tren lembrará o paso de Castelao por Valdeorras en 1934 na súa viaxe ao desterro acompañado de Delgado Gurriarán.
A conversa xirará en torno aos albores do galeguismo e a Guerra
Civil. Unha vez chegados ao Barco, arredor das 11 da mañá, a conferencia continuará no salón de actos do edificio multiusos, na praza do Concello, onde haberá espazo para falar do tempo do exilio e abrir un espazo
de intercambio cos asistentes.
A participación na actividade é gratuita pero é necesario inscribirse no formulario dispoñible na portada da web florenciodelgadigurriaran.gal para reservar un asento na conferencia no tren.