Xornada Castelao na Coruña

Xornada Castelao na Coruña

Xornada Castelao na Coruña

42 42a xente viu este evento.

A ACADEMIA GALEGA DE BELAS ARTES EN COLABORACIÓN COA FUNDACIÓN CASTELAO ORGANIZAN O 18 DE FEBREIRO UNHA XORNADA ARREDOR DE CASTELAO NA CORUÑA

Co gallo dos actos do 75 cabodano de Castelao, a Real Academia Galega de Belas Artes en colaboración coa Fundación Castelao, organizará o día 18 de febreiro unha xornada arredor do creador Rianxeiro que comezará  ás 18 horas cunha ofrenda Floral diante do monumento a Castelao nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña na que participarán Miguel Anxo Seixas Seoane, presidente da Fundación Castelao e Manuel Quintana Martelo, presidente da Real Academia Galega de Belas Artes. A continuación, terá lugar un  Roteiro guiado por Miguel Anxo Seixas Seoane baixo o título «Memoria de Castelao na Coruña» para rematar ás 20 horas na sede da Academia Galega de Belas Artes coa conferencia «Castelao: beleza e verdade», que será impartida polo presidente da Fundación Castelao.

Os actos terán entrada libre ata completar capacidade.

 

Data e hora

18-02-2025 @ 18:00 a
18-02-2025
 

Localidade

 

Categoría de eventos

Compartir