Castelao Grafista (Facsímile)

Castelao Grafista (Facsímile)

Castelao Grafista (Facsímile)

84 84a xente viu este evento.

A exposición itinerante do ilustre rianxeiro segue a percorrer Galicia neste 2025, no que celebramos o Ano Castelao. O caricaturista, debuxante, ilustrador, columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador, etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne unha ampla selección das súas múltiples facetas.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do álbum Cousas da vida de Castelao que pertencen á Colección de Arte ABANCA; tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así e todo, pódense ver retratos fotográficos, autocaricaturas, debuxos, aguadas, e portadas de revistas ilustradas entre outros diversos materiais.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes E Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición Castelao grafista (facsímile) está itinerando por diferentes concellos de Galicia da man do proxecto Corrente Cultural, liderado por Afundación en colaboración con ABANCA e os diferentes concellos de Galicia.

 

Data e hora

15-01-2025 @ 00:00 a
08-02-2025
 

Localidade

 

Categoría de eventos

Compartir