Inauguración exposición “Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza”, na Estrada
13 13 people viewed this event.
O xoves 18 de decembro, celebrarase, ás 19 h, na Casa das Letras da Estrada, a inauguración da exposición Castelao. De ‘Sempre en Galiza’ ao Consello de Galiza.
No acto, participarán Henrique Monteagudo, comisario da mostra, presidente da RAG e director da Cátedra Castelao; José López Campos, conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude; Gonzalo Louzao Dono, alcalde do Concello da Estrada; e Xosé Manuel Soutullo, director de Editorial Galaxia.
