“Sempre en Galiza” (1944-2024)
82 82a xente viu este evento.
Sempre en Galiza (1944-2024) é unha produción de Merlín Comunicación e Editorial Galaxia para a Deputación Provincial de Lugo. Deseñada e maquetada por Hayat Husein e impresa por CdeCe, esta mostra está comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono. Conta, ademais, coas colaboracións da Fundación Penzol e da Cátedra Castelao da USC.
Forma parte do programa conmemorativo “75 cabodano de Castelao (1950-2025)” do Museo Provincial de Lugo e poderá visitarse ata o 30 de marzo.