Simposio Castelao
14 14 people viewed this event.
– O sábado 8 de novembro, terá lugar o Simposio Castelao na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, organizado polo BNG e a Fundación Galiza Sempre, “un dos encontros máis importantes da conmemoración do Ano Castelao”, sinalan desde a organización. O simposio durará toda a xornada, con palestras sobre a vida, a obra e o ideario do histórico dirixente nacionalista.
