Visita-obradoiro para escolares

Visita-obradoiro para escolares
Visita-obradoiro para escolares

Visita-obradoiro para escolares

53 53a xente viu este evento.

Este 2025 celébrase o 75º aniversario da morte de Castelao, unha das personalidades máis influentes da Galicia contemporánea. O Café Moderno Afundación, onde Castelao pasou numerosas xornadas de faladoiros ao longo dos 20 anos que viviu en Pontevedra, súmase a esta homenaxe e convida á comunidade escolar a participar nesta actividade.

A figura de Castelao segue presente no edificio canda outros ilustres, por este motivo, quen mellor ca el para contar a historia que esconden as paredes do máxico Café.

Visita-xogo con obradoiro | INFANTIL a 3º PRIMARIA | «Na procura de novas e novos tertulianos» Castelao está a xogar cos seus amigos tertulianos e escondeuse deles no edificio… Agora quere conversar coas novas xeracións, cos nenos e nenas da cidade, mais para iso haberá antes que atopalo para que nos guíe pola historia do Café Moderno.

Visita con obradoiro | 4º de PRIMARIA a 6º de PRIMARIA | «Reconstruíndo a historia do Café Moderno». Os apuntamentos e debuxos de Castelao axudarannos a descubrir a gran figura do intelectual galego ao tempo que reconstruímos a marabillosa historia do edificio. Tamén nos poñerá a proba sacando a parte artística que levamos dentro.

Horarios de visitas: Mañás de Luns a Venres de 10:30 a 14:45. Tardes de xoves, venres e sábados de 18:00 a 20:00 horas. Domingos e Festivos pechado

 

 

 

Data e hora

10-02-2025 @ 10:00 a
20-03-2025 @ 20:00
 

Localidade

Compartir