Xornadas Castelao grafista

Xornadas Castelao grafista
Xornadas Castelao grafista

Xornadas Castelao grafista

69 69a xente viu este evento.

No contexto do Ano Castelao 2025, o MARCO de Vigo organiza unhas XORNADAS arredor da súa figura, coordinadas por Ramón Rozas, co obxectivo de facer balance da obra e pensamento de Castelao, 75 anos despois daquel mes de xaneiro de 1950.

As xornadas desenvólvense na mesma sala que acolle a mostra “Castelao grafista”, que trae ao presente o proxecto expositivo e editorial do mesmo nome levado a cabo en 2017, e reúne obras e documentación sobre o seu traballo gráfico, con especial atención ás primeiras edicións dos seus libros, a exemplos clave como a Revista Nós ou a serie Cousas da vida, e ao seu compromiso político.

Coordinación: Ramón Rozas

PROGRAMA

Martes 14 xaneiro ás 19.30

Pilar García Negro e Carlos L. Bernárdez

Xoves 23 xaneiro ás 19.30

Ana Acuña e Kiko da Silva

Martes 28 xaneiro ás 19.30

Montse Fajardo e Ángeles Tilve

MARCO, sala Galería A3, planta baixa

ENTRADA LIBRE ata completar capacidade

 

Data e hora

14-01-2025 @ 19:30 a
28-01-2025 @ 22:00
 

Localidade

 

Categoría de eventos

Compartir