Castelao Grafista

Castelao Grafista

Castelao Grafista

7 7 people viewed this event.

Descripción: A exposición itinerante do ilustre rianxeiro segue a percorrer
Galicia da man de Afundación, Obra Social ABANCA, neste 2025 no que
celebramos o Ano Castelao. O caricaturista, debuxante, ilustrador,
columnista, escritor, pintor, escenógrafo, ensaísta, historiador,
etnógrafo, teórico, político, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, A
Coruña, 1886 – Bos Aires, 1950) constitúe o foco desta mostra que reúne
unha ampla selección das súas múltiples facetas.

A mostra reúne facsímiles da Colección de Arte Afundación e debuxos do
álbum Cousas da vida de Castelao que pertencen á Colección de Arte ABANCA;
tamén obras procedentes doutras institucións, galerías e particulares. Así
e todo, pódense ver retratos fotográficos, autocaricaturas, debuxos,
aguadas, e portadas de revistas ilustradas entre outros diversos materiais.

Organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia
Galega de Belas Artes E Turismo de Galicia – Xunta de Galicia, a exposición
Castelao grafista (facsímile) está itinerando por diferentes concellos de
Galicia da man do proxecto Corrente Cultural, liderado por Afundación en
colaboración con ABANCA e os diferentes concellos de Galicia.

Casa da Cultura de Allariz

Do 3 de abril ás 12 h. ata o 2 de maio

Luns a venres 9.00 a 14.00 e 16.00 a 18.30 h

Additional Details

To register for this event please visit the following URL:

 

Date And Time

03-04-2025 @ 09:30 to
02-05-2025 @ 18:30
 

Location

 

Event Category

Share With Friends