Registrations have closed.
Conferencia ‘Castelao, Galaxia e a censura franquista’
105 105 people viewed this event.
Conferencia de Xosé Manuel Dasilva, organizada pola Fundación Penzol con motivo da celebración do 75 aniversario do falecemento de Castelao e da fundación da Editorial Galaxia, onde abordará as dificultades que experimentou a difusión da obra do autor rianxeiro, en especial ‘Sempre en Galiza’, ao longo da ditadura franquista. A partir principalmente dos respectivos expedientes oficiais de censura, prestarase atención ás iniciativas de Galaxia para editar os seus libros e tamén se analizarán as achegas doutras editoriais.