Mural didáctico
8 8 people viewed this event.
Afundación. Obra Social ABANCA presenta un traballo didáctico para escolares sobre a vida e obra de Castelao. Un mural de narrativa gráfica deseñado en dous niveis de lectura diferente para escolares medianos e maiores, que será entregado aos centros que visiten as exposicións de Afundación durante o ano Castelao ata fin de existencias. Ao tempo, o mural ten tamén unha versión dixital que permite interactuar con el ampliando a información achegada.