“O retrato”, manuscrito autógrafo de Castelao
“Mentres dura a memoria seguimos vivos. No fondo, o relato é unha declaración de amor, un canto á vida, que perdura (e continúa) na memoria das persoas que amamos”, escribe o académico Víctor F. Freixanes sobre “O retrato”. O arquivo da Real Academia Galega conserva o manuscrito deste conto, a última peza destacada do sitio web que lle dedicamos a Castelao.
Coma outras historias incluídas no volume ‘Retrincos’ (1934), “O retrato” é un conto de carácter autobiográfico. O autor escribiuno cando xa abandonara o exercicio da medicina, e nel demostra que hai máis formas de axudar a sandar as feridas da alma.
Artigo de Víctor F. Freixanes, copia dixital do manuscrito de “O retrato”, transcrición e galería de imaxes comentadas sobre o conto e ‘Retrincos’ dispoñibles na sección de #pezasdestacadas de https://academia.gal/ano-castelao