Unha autocaricatura de Castelao na RAG / Siro
10 10 people viewed this event.
Que é unha caricatura?
Depende do momento e do lugar onde se faga a pregunta.
Na orixinal e divertida conferencia Humorismo. Dibuxo humorísteco. Caricatura, que Castelao ditou na Coruña en 1920, fala do que el e os máis dos debuxantes do seu tempo entendían por caricatura: unha nova forma de arte nada en Alemaña, baseada na simplificación dos trazos e na esaxeración da expresión do modelo, sexa este persoa, animal ou materia inerte. Todo canto existe ten forma e expresión, e pode representarse en caricatura.