Presentación

O 7 de novembro de 2024 reuníronse no Consello da Cultura Galega un conxunto de entidades co obxectivo de constituír a comisión para a celebración do 75 cabodano de Alfonso D. Rodríguez Castelao, finado en Bos Aires o 7 de xaneiro de 1950. O Ano Castelao 2025 iniciarase o 7 de xaneiro cunha homenaxe no Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval. A partir de aí, sucederase un calendario de actividades moi diversas que se irán dando a coñecer neste web oficial da conmemoración como nas respectivas canles das diferentes entidades adheridas á programación.

O obxectivo do Ano Castelao 2025 é conmemorar a memoria e o legado de quen é considerado un dos fundadores da Galicia contemporánea, a súa cultura e o seu marco político. Neste web poderanse coñecer as entidades adheridas, un directorio de recursos para coñecer en profundidadade a vida e obra de Castelao e o seu tempo, a programación de eventos prevista e a posibilidade de incorporarse, como entidade, á conmemoración.

Entidades adheridas